Embroidery Art. Ilustración en bordado.

Hai tempo que sigo secretamente en Pinterest unha técnica rescatada das labores caseiras por ilustradorxs, diseñadorxs, etc. A aplicación da técnica do bordado para a creación de ilustracións ou Embroidery Art.

Calquera técnica fóra do común aplicada ao campo da ilustración chama a miña atención, polo que hai uns meses decidín iniciarme no Embroidery Art dunha vez por todas.  Acudín a un workshop de bordado ruso impartido por Miquinho en Espazo90. Para esta técnica de bordado emprégase unha agulla especial pola que flúe o fío creando efectos tan vistosos coma éste:

Alien
Ilustración Komorebi, técnica mixta: rotuladores Copic e bordado.

Esta peza ten dous tipos de bordado, un plano e outro con relevo; este efecto conséguese coa agulla “máxica” de bordado ruso.

Hai pouco decidín probar sorte co bordado a mano, utilizando unha agulla normal de bordado. Mágoa que me coñeza tan ben, sei que sen un pequeno empurrón non me animo a comezar (e acabar) o que me propoño, así que me apuntei ao curso online de Srta Lylo de Domestika. En iso estou agora mesmo, aprendendo pouco a pouco a usar as distintas puntadas de bordado.

Este é o resultado práctico da primeira lección: a puntada básica. Aínda que me queda moito por aprender, é unha técnica moi visual e efectiva dende o primeiro minuto. Espero ir avanzando e creando novas pezas nesta liña.

bordado01
Ilustración: Komorebi.

¡Seguimos!

Anuncios

Cuarto Público

Do 11 ao 13 de marzo participei na feria de arte contemporáneo Cuarto Público xunto coas miñas compañeiras de aventuras @7HCoop

O máis peculiar da feria é que se realiza nas habitacións dun hotel de Santiago de Compostela. Cada entidade ocupa un cuarto, adaptando a exposición ao espazo, descontextualizándoo e transformándoo.

Participamos once artistas da cooperativa, que baixo a batuta de Clara R. Cordeiro, comisaria da exposición, fixo un gran traballo para que as pezas se lucisen sen romper a armonía da exposición e que aquelo non parecese un mercado, todo un reto!

Decidín expoñer os meus #especímenes e colonizar un recundo do cuarto de baño para recrear un pequeno laboratorio. As pezas son inéditas, creadas especialmente para a exposición.

002

#MicroBios , a nosa pequena galería portátil, tamén atopou o seu espazo na habitación de 7H Cooperativa Cultural. E como non podía ser doutra forma Agar, o meu primeiro especímen quixo habitala durante a feria .

IMG_20160313_163518
O puntiño vermello de ¡vendida!

Déixovos algunha imaxe do noso paso por Cuarto Público. Se vos pica a curiosidade, podedes ver máis no Facebook de 7H Coop.

 

1146571_706621836040953_6207780453414374951_n
¡Socixs de @7HCoop felices!

Inktober 2015

Este é o resultado da miña participación no #Inktober 2015. Outro ano máis que non remato o reto, pero debo dicir na miña defensa que caín enferma durante unha semana infernal. De todas formas os meus pequenos #Especímenes foron crecendo durante este mes.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

 

Nadia, a axudante pantasma

Cucú! Aquí estou, non me fun de vacacións á praia, se o pensábades 😉 Con tanto traballo tiven que contratar a unha pequena e peculiar axudante: Nadia a nena pantasma!

Nadia_ilustradora
Buuuh!

 

 

 

  • Cactus amigurumi de Actante Dourada que temos na oficina da cooperativa facéndonos compañía, é tan achuchable que non pincha!
  • A goma de borrar coa pedra de fogar e taza co símbolo da Horda de World of Warcraft.
  • Colgante co símbolo dos Horrorcruxes de Harry Potter.
  • Portátil co símbolo de Sailor Moon.

Menos mal que teño a Nadia para axudarme no traballo. Xa vos contarei algo máis sobre ela, garda moitos segredos. Ao fin e o cabo é unha pantasma 😉

Nada, Ninguén….Nadia, a nena pantasma.

Qué son as pantasmas? Nada

Hai alguén ahí? Ninguén

Cómo te chamas? Nadia

A miña nena pantasma apareceuse da nada unha tarde de creación no obradoiro de carvado de selos de Kirikú que se organizou en Lápices. Entre goma de carvar, gubias e tinta colouse unha pequena con ollos baleiros e un moño enorme. Canto máis a miraba, máis me gustaba.

Pode que vos sone estraño pero a mín os debuxos e os bocetos fálanme, cóntanme historias. Nunca ao revés.

Así “naceu” Nadia. E dígovolo entre comillas porque Nadia é unha pantasma.

Nadia_01
“Nacemento” de Nadia.

Nadia non non se lembra de como morreu, só atisba pequenos fragmentos da súa vida mortal. Sinte simpatía polos humanos, parécenlle curiosos á par que estraños. Vive nun faiado acompañado dun ser peludo, maxestuoso e que camiña de forma grácil a catro patas, Augustine lle chaman . A veces Nadia baixa a observar dende os espellos e cadros a vida dos humanos que viven nos pisos inferiores da casona. Desde fai un tempo acude a unha escola para pantasmas, quere facer amigos da súa “condición” aínda que lle costa integrarse…

Colocándose su lazo favorito...pena que los fantasmas no tengan reflejos D:
Colocándose o seu lazo favorito…pena que as pantasmas no teñan reflexo e no se vexan no espello

 

#Meettheartist

#Meettheartist ou #comocoñeceraunartistasenacosalo

Estos días estivo a viralizarse este hashtag tan majo, así que non puiden resistirme a participar. Esta son eu 🙂

 

Soy pelirroja de mentira D: