Embroidery Art. Ilustración en bordado.

Hai tempo que sigo secretamente en Pinterest unha técnica rescatada das labores caseiras por ilustradorxs, diseñadorxs, etc. A aplicación da técnica do bordado para a creación de ilustracións ou Embroidery Art.

Calquera técnica fóra do común aplicada ao campo da ilustración chama a miña atención, polo que hai uns meses decidín iniciarme no Embroidery Art dunha vez por todas.  Acudín a un workshop de bordado ruso impartido por Miquinho en Espazo90. Para esta técnica de bordado emprégase unha agulla especial pola que flúe o fío creando efectos tan vistosos coma éste:

Alien
Ilustración Komorebi, técnica mixta: rotuladores Copic e bordado.

Esta peza ten dous tipos de bordado, un plano e outro con relevo; este efecto conséguese coa agulla “máxica” de bordado ruso.

Hai pouco decidín probar sorte co bordado a mano, utilizando unha agulla normal de bordado. Mágoa que me coñeza tan ben, sei que sen un pequeno empurrón non me animo a comezar (e acabar) o que me propoño, así que me apuntei ao curso online de Srta Lylo de Domestika. En iso estou agora mesmo, aprendendo pouco a pouco a usar as distintas puntadas de bordado.

Este é o resultado práctico da primeira lección: a puntada básica. Aínda que me queda moito por aprender, é unha técnica moi visual e efectiva dende o primeiro minuto. Espero ir avanzando e creando novas pezas nesta liña.

bordado01
Ilustración: Komorebi.

¡Seguimos!

Anuncios

Cuarto Público

Do 11 ao 13 de marzo participei na feria de arte contemporáneo Cuarto Público xunto coas miñas compañeiras de aventuras @7HCoop

O máis peculiar da feria é que se realiza nas habitacións dun hotel de Santiago de Compostela. Cada entidade ocupa un cuarto, adaptando a exposición ao espazo, descontextualizándoo e transformándoo.

Participamos once artistas da cooperativa, que baixo a batuta de Clara R. Cordeiro, comisaria da exposición, fixo un gran traballo para que as pezas se lucisen sen romper a armonía da exposición e que aquelo non parecese un mercado, todo un reto!

Decidín expoñer os meus #especímenes e colonizar un recundo do cuarto de baño para recrear un pequeno laboratorio. As pezas son inéditas, creadas especialmente para a exposición.

002

#MicroBios , a nosa pequena galería portátil, tamén atopou o seu espazo na habitación de 7H Cooperativa Cultural. E como non podía ser doutra forma Agar, o meu primeiro especímen quixo habitala durante a feria .

IMG_20160313_163518
O puntiño vermello de ¡vendida!

Déixovos algunha imaxe do noso paso por Cuarto Público. Se vos pica a curiosidade, podedes ver máis no Facebook de 7H Coop.

 

1146571_706621836040953_6207780453414374951_n
¡Socixs de @7HCoop felices!

Micro-Bios, a galería de arte máis pequena do mundo

Estou a mil traballando en 7H Cooperativa Cultural Entre os proxectos que estamos a desenvolver, hoxe présentovos Micro-Bios.
invitacion_delantera

 

Para a primeira exposición inaugural da casiña, participei con Agar, especimen_001. O primeiro dunha serie de #Especímenes que estou a desenvolver.

Agar, especimen_001
Agar, especimen_001

 

Todas as fotos da inauguración no Facebook de 7H Cooperativa Cultural . Máis adiante poñeremos en marcha un programa de residencias artísticas! ❤