Inktober 2015

Este é o resultado da miña participación no #Inktober 2015. Outro ano máis que non remato o reto, pero debo dicir na miña defensa que caín enferma durante unha semana infernal. De todas formas os meus pequenos #Especímenes foron crecendo durante este mes.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

 

Anuncios

Nada, Ninguén….Nadia, a nena pantasma.

Qué son as pantasmas? Nada

Hai alguén ahí? Ninguén

Cómo te chamas? Nadia

A miña nena pantasma apareceuse da nada unha tarde de creación no obradoiro de carvado de selos de Kirikú que se organizou en Lápices. Entre goma de carvar, gubias e tinta colouse unha pequena con ollos baleiros e un moño enorme. Canto máis a miraba, máis me gustaba.

Pode que vos sone estraño pero a mín os debuxos e os bocetos fálanme, cóntanme historias. Nunca ao revés.

Así “naceu” Nadia. E dígovolo entre comillas porque Nadia é unha pantasma.

Nadia_01
“Nacemento” de Nadia.

Nadia non non se lembra de como morreu, só atisba pequenos fragmentos da súa vida mortal. Sinte simpatía polos humanos, parécenlle curiosos á par que estraños. Vive nun faiado acompañado dun ser peludo, maxestuoso e que camiña de forma grácil a catro patas, Augustine lle chaman . A veces Nadia baixa a observar dende os espellos e cadros a vida dos humanos que viven nos pisos inferiores da casona. Desde fai un tempo acude a unha escola para pantasmas, quere facer amigos da súa “condición” aínda que lle costa integrarse…

Colocándose su lazo favorito...pena que los fantasmas no tengan reflejos D:
Colocándose o seu lazo favorito…pena que as pantasmas no teñan reflexo e no se vexan no espello