Cuarto Público

Do 11 ao 13 de marzo participei na feria de arte contemporáneo Cuarto Público xunto coas miñas compañeiras de aventuras @7HCoop

O máis peculiar da feria é que se realiza nas habitacións dun hotel de Santiago de Compostela. Cada entidade ocupa un cuarto, adaptando a exposición ao espazo, descontextualizándoo e transformándoo.

Participamos once artistas da cooperativa, que baixo a batuta de Clara R. Cordeiro, comisaria da exposición, fixo un gran traballo para que as pezas se lucisen sen romper a armonía da exposición e que aquelo non parecese un mercado, todo un reto!

Decidín expoñer os meus #especímenes e colonizar un recundo do cuarto de baño para recrear un pequeno laboratorio. As pezas son inéditas, creadas especialmente para a exposición.

002

#MicroBios , a nosa pequena galería portátil, tamén atopou o seu espazo na habitación de 7H Cooperativa Cultural. E como non podía ser doutra forma Agar, o meu primeiro especímen quixo habitala durante a feria .

IMG_20160313_163518
O puntiño vermello de ¡vendida!

Déixovos algunha imaxe do noso paso por Cuarto Público. Se vos pica a curiosidade, podedes ver máis no Facebook de 7H Coop.

 

1146571_706621836040953_6207780453414374951_n
¡Socixs de @7HCoop felices!