Bio

Eva Agra / Komorebi

Todo se resume a #nenasrarasconproblemas

Eva  Agra,  máis coñecida en redes como Komorebi é ilustradora. Estudou Fotografía Artística na Escola Superior de Arte e Deseño Mestre Mateo de Compostela e máis tarde completou os seus estudos de Ilustración na Escola Superior de Arte e Deseño Antonio Faílde de Ourense. No ano 2015, tras a experiencia do verán anterior en Local Disponible, crea a cooperativa cultural 7H xunto a outras compañeiras.

É a responsable da imaxe identificativa da cooperativa Bríxida, a deusa celta da inspiración . Entre os proxectos máis destacados nos que participou está Mutacións Urbanas, laboratorio de creación para activar a cidade dun xeito inclusivo, entre outrosVén de ilustrar a colección de álbumes ilustrados feministas ‘Mulleres Bravas da nosa historia’ editada por Urco Editora, unha colección para empoderar a nenas e nenos e darlles a coñecer os logros das mulleres máis importantes da historia de Galicia. Na actualidade compaxina o seu traballo como coordinadora en 7H Cooperativa Cultural, encargos de ilustración e proxectos persoais.

Destaca a súa versatilidade en canto a estilo de debuxo sendo o máis persoal e característico o resultado da simbiose dunha pequena dose de dozura e unha gran dose de escuridade, Komorebi.