Embroidery Art. Ilustración en bordado.

Hai tempo que sigo secretamente en Pinterest unha técnica rescatada das labores caseiras por ilustradorxs, diseñadorxs, etc. A aplicación da técnica do bordado para a creación de ilustracións ou Embroidery Art.

Calquera técnica fóra do común aplicada ao campo da ilustración chama a miña atención, polo que hai uns meses decidín iniciarme no Embroidery Art dunha vez por todas.  Acudín a un workshop de bordado ruso impartido por Miquinho en Espazo90. Para esta técnica de bordado emprégase unha agulla especial pola que flúe o fío creando efectos tan vistosos coma éste:

Alien

Ilustración Komorebi, técnica mixta: rotuladores Copic e bordado.

Esta peza ten dous tipos de bordado, un plano e outro con relevo; este efecto conséguese coa agulla “máxica” de bordado ruso.

Hai pouco decidín probar sorte co bordado a mano, utilizando unha agulla normal de bordado. Mágoa que me coñeza tan ben, sei que sen un pequeno empurrón non me animo a comezar (e acabar) o que me propoño, así que me apuntei ao curso online de Srta Lylo de Domestika. En iso estou agora mesmo, aprendendo pouco a pouco a usar as distintas puntadas de bordado.

Este é o resultado práctico da primeira lección: a puntada básica. Aínda que me queda moito por aprender, é unha técnica moi visual e efectiva dende o primeiro minuto. Espero ir avanzando e creando novas pezas nesta liña.

bordado01

Ilustración: Komorebi.

¡Seguimos!

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s