Inktober. Materiais para entintar

Como adiantaba na entrada anterior, hoxe contareivos qué materiais uso durante o #Inktober á hora de entintar.

Adoito traballar con estas ferramentas pero esta non é unha guía profesional a seguir, é unha elección persoal froito dos meus ensaios con elas. Son ferramentas coas que traballo a gusto e me sinto cómoda á hora de abordar unha peza de ilustración con tinta.

  1. Rotuladores calibrados. Unha das miñas ferramentas predilectas. Me parece a opción máis cómoda se o que queres entintar é liña ou se desexas facer un entramado. É unha opción moi económica e accesible xa que adoita venderse en calquera librería e papelería.  Hai marcas máis comerciais, como Uni Pin e outras máis orientadas á ilustración profesional como os Kuretake  e os Sakura.  Hai que ter en conta que os rotuladores calibrados veñen en distintos grosores, medidos en milímetros que van dende os 0.1 ao 0.8mm. É importante fixarse se son waterproof ou non porque ao misturar técnicas molladas como a acuarela deben usarse antes ou despois de aplicala, xa que pode desdebuxarse a liña do rotulador calibrado se non é resistente á auga.
    Kuretake Zig Millenium

    Kuretake Zig Millenium

    Uni Pin

    Uni Pin

  2. Rotulador con punta de pincel. Teñen dúas partes: a recarga de tinta e a punta de pincel. Hai que presionar lixeiramente a reserva de tinta para que flúa a través do pincel, tendo coidado de non axitar nin apretar demasiado para que non produza manchas non desexadas sobre o papel (falo por experiencia propia!). Debido a súa flexibilidade, permitre crear liñas de distintos grosores de forma fluída e natural. Outra das vantaxes que ten é que se pode cubrir gran cantidade de área con mancha sen ter que recurrir ao frasco de tinta e pincel tradicionais. A marca máis coñecida e utilizada é Pentel e pódese atopar tanto en papelerías como en tendas de arte especializadas. Ademais de venderse o pack completo, pódense mercar máis recargas a parte. Unha desvantaxe que lle atopo é que a tinta non é resistente á auga (a menos que a merques aínda que non teño coñecemento de se hai recargas deste tipo, imaxino que sí as haberá) así que coidado ao misturar técnicas augadas!

    Pentel Color Brush

    Modelo Pentel Color Brush

  3. Rotulador de punta flexible Pentel Touch. Outro rotulador de pincel pero éste é diferente. É unha simbiose entre un rotulador calibrado e un rotulador de punta de pincel. A punta desta ferramenta é flexible como a dos Pentel Color Brush, pero non teñen recarga e non producen tanta tinta. Permiten tamén diferentes grosores de liña e tramado.
    Pentel Touch

    Pentel Touch

    Trazos Pentel Touch. Imagen de Lebrílope.com

    Pentel Touch. Fonte: Lebrílope.com

  4. Tinta china e pincel. A gran dama da técnica por excelencia. A mellor opción para realizar augadas e veladuras con tinta. O pack básico para traballar esta técnica componse dun frasquiño de tinta china ou india e un pincel de punta redonda (fino ou groso, dependo da finalidade que busquemos).Como sabedes a tinta china pódese utilizar directamente sobre o papel para conseguir negro puro ou se pode diluir a mistura en auga para acadar un amplo rango de escala de grises. Hai que ter en conta que unha vez aplicada e seca, a tinta non se emborronará. O pelo do pincel pode ser sintético ou natural, sendo éste último máis caro pola súa gran calidade. En calquera caso non recomendo escatimar gastos en ningún destes materiais porque inflúen moito directamente no resultado final da ilustración. No caso dos pinceis, se son “barateiros” irán deixando pelo a medida que se utilicen e en canto á tinta,  se é de pouca calidade, non será posible facer mancha con negros saturados en ningún momento. A miña recomendación persoal para tinta é a marca Winsor&Newton, pódese atopar en tendas de belas artes ou papelerías especializadas.  Por último comentar que é importante ademais escoller o tipo de papel sobre o que empregar esta técnica, debe ser papel de gramaxe alto (entre 200 e 300 gramos) e pode elixirse de grao fino ou grao groso pasando polo medio segundo as nosas necesidades. Algunhas marcas coñecidas de papel son Gvarro e Canson, esta última é a que máis uso eu.

    Winsor & Newton. Tinta China.

    Winsor & Newton.

Éstes son os materiais que máis emprego no meu traballo, pero hai moitos máis polo que vos animo a probalos para ver cales se adaptan mellor á vosa forma de traballar. Podedes botarlle unha ollada á páxina oficial do #Inktober na que Jake Parker fala dos materiais de entintado máis usados. Un exemplo: a plumiña.

A pesar de que en todo momento vos estiven falando da tinta negra, hai todo tipo de cores no mercado, incluso cores especiais metalizadas. Eu adoito traballar coa tinta negra tradicional e a veces con  cor sepia e vermella.

A última recomendación que vos fago: se non tedes unha tenda de belas artes cerca, existen tendas online especializadas como Lebrílope, moi coñecida entre ilustradorxs e deseñadorxs aquí en España. Tamén vos recomendo KNT, é unha tenda de informática cunha pequena selección de material de debuxo e ilustración profesional. Teñen tenda física en Santiago de Compostela e son majísimos e atentos, todo hai que dicilo 😉

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s